Infraestrutura para bots de MediaWiki para proxectos galegos

Infraestrutura construída sobre Pywikibot para operar en sitios MediaWiki en galego.

A infraestrutura inclúe un script para actualizar os datos de poboación nos artigos sobre lugares de Galicia.

Uso

Para executar calquera script da infraestrutura, instala a infraestrutura:

  1. Descarga o código fonte.

  2. Instala Python 3.

  3. Instala nun ambiente virtual de Python 3:

    Por exemplo, en Linux:

    python3 -m venv venv
    . venv/bin/activate
    pip install -e .
    

    Note

    En Windows, podes instalar opcionalmente colorama para gozar de cores na interface da liña de ordes:

    pip install colorama
    
  4. Crea un ficheiro user-config.py co seguinte contido:

    family = 'wikipedia'
    mylang = 'gl'
    usernames['wikipedia']['*'] = '<Your Galician Wikipedia Username>'
    password_file = 'user-password.py'
    
  5. Crea un ficheiro user-password.py como se describe na documentación de PyWikiBot (en inglés).

    Non prefixes as cadeas con u (e.g. u'asdf') como se describe na documentación. Iso é para Python 2. En Python 3 retírao (e.g. 'asdf').

  6. Executa calquera script. Por exemplo:

    pywikibotgl-population
    

Unha vez listos estes pasos iniciais, para executar calquera script de novo tras pechar o terminal actual, sempre debes primeiro activar de novo o ambiente virtual:

. venv/bin/activate

Desenvolvemento

Probas automatizadas

Para executar as probas automatizadas:

python3 -m venv venv
. venv/bin/activate
pip install -e .
pip install pytest pytest-pylint
pytest --pylint

Internacionalización e localización

Para actualizar os modelos de tradución:

bash utils/update-pot.sh

Para actualizar os modelos de tradución:

bash utils/update-po.sh